Veciños de Castrelo en Cambados denuncian que levan 30 anos agardando o sistema de saneamento e de abastecemento de auga

CAMBADOS> Veciños de Castrelo en Cambados denuncia que a auga potable que chega ás súas casa está contaminada. Segundo explican, as súas vivendas non contan nin con sistema de saneamento nin de abastecemento de auga. Advirten que levan 30 anos agardando que o concello cumpra co seu compromiso de dotar á zona dun sistema de saneamento.

A pesar de ser unha zona moi confluída de Cambados, a veciñanza das rúas Baltar e a Barca denuncian ter un servicio doutra época, ou mellor dito, non ten servizo ningún. Segundo explican as súas casas non contan nin con saneamento nin con servizo de abastecemento de auga.  

Ao non ter un bo sistema de saneamento, os sumidoiros cheiran cando se estanca a auga e os seus pozos acaban recibindo augas residuais.

As preto de 20 casas desta zona tampouco contan con abastecemento de auga. O servizo que reciben ven dos pozos da zona que se atopan contaminados.

Este problema fai que as súas casas chegue auga non apta para o consumo.  

O centenar de veciños afectados explican que non é problema de cores políticas, se non deixadez por parte dos alcaldes de Cambados dos últimos 30 anos.

Os veciños están fartos de agardar e din que xa é hora de que o concello faga algo. Aumentarán as súas reivindicación e solicitarán unha reunión coa alcaldía despois das eleccións para que se dote á rúa dos servizos o antes posible.