A ILLA> O concello da Illa quere renova-lo parque infantil do Bao, situado ao carón da ponte. Trátase do último espazo de xogos pendente de renovación no municipio.
O concello ten xa o proxecto deseñado, incorporando novos xogos pensados para varias franxas de idade. Nun dos extremos intalaranse os elementos para a rapazada máis pequena. Contra o mar, irán os xogos para nenos máis maiores, incluíndo un rochódromo.
A idea é muda-los xogos por outros 10 de madeira e aluminio, os materiais máis resistentes á acción do mar.
Para a renovación deste espazo, que suporá un investimento de 48.000 euros, o concello presentou unha solicitude para unha subvención da Xunta. O alcalde confía en conseguir eses fondos. De ser así, o goberno galego asumiría o 80% do presuposto e o concello o 20 restante.