O CECB contará cun centro de formación grazas á Deputación

    centroformacioncecb_100_261109.jpgRIBEIRA> O Centro Empresarial da Construción do Barbanza contará cunha nave de formación grazas a unha subvención da Deputación da Coruña.

    {flowplayer}barbanza/centroformacioncecb.flv{/flowplayer}

    Dende que botara a andar o Centro Empresarial da Construción unha das súas prinicpais teimas foi a creación dun centro formativo que satisfacera a demanda do empresariado da zona.

    Longo proceso

    Durante os primeiros anos, a patronal alugou unha nave en Oleiros onde se impartiron diversos módulos e cursiños. Cando esta se quedou pequena a directiva do Centro Empresarial conseguiu a cesión dunha parcela de titularidade municipal en Xarás por trinta anos. Sen embargo, o feito de non ter o terreo en propiedade supoñía unha traba para conseguir a financiación por parte das entidades financieiras. Finalmente, a finais do pasado ano, e tras realizar un importante esforzo inversor, o CECB conseguiu a titularidade do terreo permutando co concello dúas parcelas adquiridas na Fieteira.

    Unha vez tiveron os terreos, chegou a financiación a cargo da Deputación da Coruña que subvencionará o oitenta por cento da actuación, presupostada en preto de trescentos mil euros.

    Proxecto

    A nave, que se prevé poida entrar en funcionamento para o próximo curso, ocupará unha superficie de 220 metros cadrados que se complementarán cun anexo para oficinas con dúas prantas de 75 metros cadrados cada unha. Nun futuro dende a patronal plantexan a posibilidade de ampliar o centro, cun novo edificio que acolla a nova sede da CECB ó tempo que se incrementan as aulas formativas.

    A directiva da patronal agradeceu a inestimable colaboración da Deputación e agardan contar tamén co apoio da Xunta de Galicia para conquerir unha oferta formativa de calidade, baseada nas demandas do empresariado da comarca.

    Redacción Barbanza