Pais de alumnos concéntranse contra os recortes en educación

    concentracionapasribeira_100_29092009.jpgRIBEIRA> O Grupo secundou a concentración convocada pola Confederación de Asociacións de Pais de alumnos de Galicia (CONFAPA-GALICIA).

    O colexio O Grupo de Ribeira secundou a concentración convocada pola Confederación de Asociacións de Pais de alumnos de Galicia (CONFAPA-GALICIA) en protesta polos recortes orzamentarios en materia de educación aprobados polo goberno da Xunta. Dende esta asociación esixen que se retome o sistema de préstamo de libros e que se cese a supresión de prazas de profesores de apoio para alumnos con necesidades especiais.

    "Nin un paso atrás!"

    Máis de medio centenar de nais e pais de alumnos do colexio ribeirés de O Grupo concentraronse diante das portas do centro para manifestar o seu malestar polos cambios en politica educativa e de xestión realizados pola Consellería de Educación. Baixo o lema “Nin un paso atrás!”, os integrantes deste colectivo denuncian a substitución da fórmula de préstamo de libros de textos por un sistema de axudas á compra que consideran insufiente e insolidario.

    {flowplayer}barbanza/concentracionapasribeira.flv{/flowplayer}

    Outras das reinvidicacións dos pais e nais de alumnos é a demanda de máis profesores de apoio para os alumnos con necesidades especiais. Concretamente, neste centro de ensino de Ribeira, dos tres mestres solicitados, a Consellería tan só enviou un.  Dende a APA do colexio O Grupo o que piden e que os técnicos da Consellería de Educación deixen os despachos para acudir a ver a realidade dos centros de ensino galegos.

    A súa intención é seguir manifestandose contra o que consideran é un recorte nas prestacións sociais en materia educativa que tanto lles costou acadar.

    Redacción Barbanza