A Deputación promove obras en Sanxenxo con 14 millóns

    louzan_sanxenxo_copia100.jpgSANXENXO>  Rafael Louzán, acompañado pola alcaldesa de Sanxenxo, visitou as obras que está a executar a entidade provincial nesta municipio.

    {flowplayer}images/salnes/LOUZAN_EN_SANXENXO.flv{/flowplayer}

    Dous dos proxectos máis esperados son a construción dun novo aparcadoiro na avenida Luis Racafort, e a humanización do vial. O presidente da Deputación afirmou que estas obras son moi necesarias para o crecemento de Sanxenxo. Para elo, están destinados 6,6 millóns de euros. Louzán matizou que a Deputación vai concurso a obra para que o financiamento nos saia das arcas públicas.

    A alcaldesa de Sanxenxo, agradeceu a Rafael Louzán o interese da Deputación para levar a cabo un proxecto considerado fundamental, para o benestar dos cidadáns.

    O parking disporá de 600 prazas das cales 420 serán de rotación e o resto, para os residentes. A reforma do vial Luis Racafort, comprenderá paseos axardinados, zona de circulación de nove metros de ancho, servizos de saneamento, telefonía e auga.

    A Deputación, tamén investirá 7 millóns de euros nas obras de urbanización da rúa Sanxenxo e a mellora do trazado da estada Sanxenxo-Bordóns-Samieiro.

    Redacción Salnés