Boiro e O Grove estreitan lazos coa II Regata da Amizade

    BOIRO> A colaboración entre os náuticos de Cabo de Cruz e de San Vicente terá como resultado unha nova edición da regata da Amizade. Desenvolverase entre o doce e o trece de agosto, en dús mangas: a primeira no Grove a e segunda en Boiro. A boa sintonía entre os clubs náuticos de ámbalas marxes da ría permitiu organizar esta regata conxunta que comezaba a súa andaina o pasado ano. Nesta edición mantense a estrutura con dúas mangas nas que competirán unha quincena de veleiros. O prazo de inscrición permanece aberto, non só para socios dos náuticos organizadores, senón para calquera regatista que se anime a participar. O concello de Boiro apoia a celebración desta regata seguindo coa súa política de promoción da náutica deportiva que nos últimos anos ten situado a Boiro como destino de referencia no mapa internacional da navegación de recreo.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí