O Vilalonga a escapar do pozo. O Arousa, a intentar metelo

vilalonga250_240409.jpgSALNÉS> A falta de cinco xornadas para o remate da liga na terceira, chegan dous derbis de crucial importancia para case todos. Se cadra, en San Pedro, vivirase o máis dramático entre Vilalonga e Arousa, dous rivais directos pola salvación.

{flowplayer}images/salnes/vilalonga_240409.flv{/flowplayer} 

Despois de sumar tan só dous puntos dos últimos 18 en xogo, o Vilalonga meteuse de cheo na loita pola permanencia e agora recibe a un Arousa acostumado este ano a sufrir e que quere metelo aínda máis na pugna cos de abaixo.

Prevese un partido aberto, porque o Arousa só sabe xogar ó ataque e porque en Vilalonga xa se viviron algúns encontros tolos este ano. Ademais, nos dous precedentes entre ambos esta temporada víronse moitos goles: 2-4 na ida na Lomba e 3-2 na Copa Galiza.

Será ademais unha loita pola esférico. Dous equipos ós que lles gusta xogar combinativo e que sofren se non teñen o balón. Pola dupla Padín-Hugo pasarán moitas das opcións dos visitantes, mentres que os locais dependerán do acerto de Pablo Pillado, Machu e Saúl.

Gabi Leis non poderá contar con Lozano por sanción nin con Jose, lesionado. O que podería voltar á convocatoria é Diego Blanco, recuperado xa da súa rotura de fibras. No Arousa, tan só Manu Rodríguez, por acumulación de cartóns, perderase o clásico.

Trece veces enfrontáronse Vilalonga e Arousa en Terceira con sete victorias locais, tres visitantes e tres empates.

Redacción Salnés