Todo listo para o comezo a 46ª Regata Rías Baixas-Martín Códax

riasbaixas250_130809.jpgSALNÉS> Vigo será punto de partida da XLVI Regata Rías Baixas-Martín Códax, a proba por etapas máis importante do calendario nacional. O Grove será liña de meta no día inaugural dunha competición que tamén fará parada en Ribeira, A Pobra do Caramiñal e Sanxenxo.

Mañá dá comezo a regata Rías Baixas-Martín Códax, na súa edición número 46. A flota de 120 barcos sairá mañá ás 13:00, na súa etapa inaugural dende do Real Club Náutico de Vigo cara O Grove,  para cubrir un total de 27 millas náuticas. A vila meca voltará a ser sede dessta competición 25 anos despois da última vez.

A Rías Baixas, pasará tamén por Ribeira, A Pobra e Sanxenxo e finalizará en Vigo. O barco a batir, será a priori o Castrosúa de Guillermo Alonso, que se proclamou vencedor absoluto non 2008. Xunto a el o Solventis, o Ourense ou o Pairo VIII serán as principais bazas galegas.

Dende fóra virá o Phoenix, gañador da Regata Costa Vasca 2009 e tamén un dos principais favoritos.

Esta regata está considerada como a máis importante a nivel nacional, xunto coa Copa do Rey e a Copa da Raíña.

Redacción Salnés