BOIRO> Boiro acollerá mañá sábado (13/07/2019) a partir das nove da noite a quinta edición da Carreira Nocturna Jealsa. Na proba, organizada pola Sociedade Deportiva Barbantia Roda, agárdase unha participación dunhas 350 persoas.
Uns 350 participantes, dos que practicamente a metade son nenos, tomarán parte mañá sábado na quinta edición da Carreira Nocturna Jealsa. A proba, organizada pola Sociedade Deportiva Barbantia Roda, constará dun circuito urbano practicamente igual ó de edicións anteriores cun percorrido de oito quilómetros e douscentos metros para as categorías absolutas.
O alcalde, José Ramón Romero, destacou a importancia de iniciativas coma este, que buscan darlle dinamismo ó pobo.
A carreira conta co patrocinio de Jealsa.
Dende a organización fan un chamamento a participar na proba, ben correndo ou ben animando a pé de rúa. O inicio está previsto a partir das nove da noite, primeiro coas categorías base, e ás once coa saída das categorías absolutas
Inicio BARBANZA