![]()
RIBEIRA> A agrupación do BNG de Ribeira presentou alegacións ao Plan de Acuicultura no referente a construcción do parque de Laxe Brava en Corrubedo.
{flowplayer}barbanza/alegacionsbngplanacuicultura.flv{/flowplayer}
O BNG de Ribeira oponse á construción do Parque Acuícola na Punta da Laxe Brava, coñecida como O Corgo, en Teira, parroquia de Corrubedo. Dito emprazamento está previsto co nome de parque número 9 no Plan de acuicultura de Galicia e non aparece retirado do mesmo na Proposta de Modificación Puntual do Plano Galego de Acuicultura que ven de presentar a Consellería do Mar.
Zona protexida
Ademáis, os nacionalistas ribeireses lembran que a franxa litoral do Corgo está incluída na rede Natura 2000 e o plan da Xunta prevé que a futura planta acuícola linde coa zona.
Os posibles vertidos do parque, sinalan dende agrupación nacionalista, suporán un perigo para os cantís de percebe, os baixos explotados pola pesca artesanal e os areais de Corrubedo e Espiñeirido.
Asemade, os nacionalistas ribeireses consideran desproporcionada a reserva de terreo prevista pola Xunta que supera os trescentos mil metros cadrados. Critican que o acceso a propiedade dos terreos sea a través da fórmula da expropiación forzosa resultando beneficiadas unicamente as empresas acuícolas que serían as titulares destes terreos.
O BNG de Ribeira cree que o investimento público neste tipo de macroconstrucións non se reflicte en beneficios que reverten na zona e non contribúen ao desenvolvemento social e económica da comarca.
Redacción Barbanza








