A campaña da vieira arranca cuns 2.000 quilos capturados

    vieira100.jpgCAMBADOS> Arredor dunhas trinta embarcacións de Cambados e Rianxo iniciaron hoxe a campaña da vieira.

    {flowplayer}images/salnes/vieira.flv{/flowplayer}

    CAMBADOS> Arredor dunhas trinta embarcacións de Cambados e Rianxo iniciaron hoxe a campaña da vieira. A primeira hora desta mañá comezaron a saír os barcos do porto cambadés de Tragobe, cara a zona 3 da ría de Arousa, a máis ó norte.

    A maior parte desta flota, arredor dun oitenta por cento, ten a súa base en Cambados, o resto son, sobre todo de Rianxo, inda que tamén hai algún barco doutros portos da ría. Os topes son de 40 quilos por tripulante, e neste primeiro día non tiveron problema en conseguilo.

    Hoxe descargáronse na lonxa de Tragobe, a única autorizada, uns 2.000 quilos de vieira. De aquí pasan a unha depuradora onde permanecerán 24 horas antes do eviscerado e posterior etiquetado pola empresa Vieira de Galicia. A flota da vieira de Cambados vende as pezas unicamente a esta empresa, a un prezo pactado de 3,90 euros por quilo.

    Pese a non ter problemas para acadar o tope de capturas, Francisco Miser asegura que se está a notar o efecto do furtivismo nesta poboación. A flota da vieira aconsella ó consumidor comprar vieira galega con etiqueta xa que é o marisco con maiores garantías de calidade e seguridade.

    Hoxe foron poucos barcos os que iniciaron a campaña da vieira, pera o luns espérase que aumente a flota.

    Redacción Salnés