Satisfacción en Ribeira pola licitación dos proxectos técnicos da variante

RIBEIRA> A actuación será financiada pola Xunta, a través da consellería de Infrestruturas, e contará cun investimento de 9’3 millóns de euros. A consellería de Infraestruturas vén de licitar os proxectos técnicos necesarios para a construción da Variante de Ribeira, na que se prevé investir uns 9,3 millóns de euros. Esta vía de novo trazado, duns tres quilómetros de lonxitude, servirá de alternativa ó actual acceso por estrada ó núcleo urbano, liberando de tráficos o centro da cidade e facilitando o acceso á zona sur. Segundo inforrmaron fontes municipais a súa execución está programada en dúas fases e permitirá circunvalar o núcleo de Ribeira, bordeando o mesmo, dende a autovía ata Avenida da Constitución ata a praia de Touro. O executivo ribeirense confía en que o proxecto do trazado e o estudo ambiental poidan estar rematados a mediados do ano que vén para así poder iniciar xa coa redacción do proxecto construtivo da primeira fase. Para o alcalde, Manuel Ruíz, esta obra virá a facer realidade unha actuación estratéxica para Ribeira que o Plan Move poñía no horizonte do 2020.