Preocupación nos comerciantes e hostaleiros de Noia ante o incremento dos roubos

NOIA> Nas últimas semanas foron numerosos os locais que recibiron a visita dos amigos do alleo. O último, a cafetería Tempus, situada en plena Alameda.

O incremento do número de roubos nas últimas semanas está a suscitar unha enorme alarma e preocupación entre a veciñanza e o sector hostaleiro e comercial da vila. Na maioría dos casos os incidentes producíanse en locais situados na rúa de Galicia e tamén en vehículos estacionados na vía pública e no parquing da rúa Xuíz Falcone. Dende o Concello non son alleos a esta problemática. Aínda así mandan unha mensaxe de tranquilidade e sinalan que se trata de algo puntual.

O executivo noiés xa está a tomar tamén medidas para evitar na medida do posible que esta situación vaia a máis. A primeira delas será o incremento da actual plantilla da Policía Local, que se veu moi reducida nos últimos anos a consecuencias das baixas que impiden que se poidan cubrir tódolos turnos.

Policía e Garda Civil traballan na investigación para dar cos autores dos feitos. Todo parece indicar que se trata de delincuentes habituais ós que as forzas de seguridade xa lles seguen a pista dende hai tempo.