Mar pon en valor os produtos da cadea mar-industria galega na feira Tutto Food de Milán

BARBANZA> A conselleira do Mar, Rosa Quintana, visitou hoxe a feira Tutto Food, que acolle a cidade italiana de Milán.

A súa presenza responde a un obxectivo claro, que non é outro que a promoción dos produtos das empresas galegas da cadea mar-industria que buscan novas oportunidades de negocio.

Na feira, Rosa Quintana destacou a necesidade de dar a coñecer o bo saber das nosas empresas e tamén da calidade dos nosos peixes e mariscos.

A feira internacional Tutto Food, cun carácter bienal, está considerada o maior evento alimentario e o máis importante de carácter multisectorial de Italia. Dáse a circunstancia de que esta é a quinta feira na que participa este ano a consellería do Mar.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí