O CEIP Piñeiriño aposta pola igualdade e a natureza

    colexio_pineirino100.jpgVILAGARCÍA> O colexio Piñeiriño leva a cabo unha serie de obradoiros destinados á promoción da igualdade.

    {flowplayer}images/salnes/COLEXIO_PINEIRINO.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA> Os alumnos de O Piñeiriño están moi concienciados con cambio climático. Por toda a escola atópanse containers de reciclaxe. Os rapaces teñen un contacto continuo coa natureza. O entorno do colexio está cheo de prantas, árbores e animais. Seres vivos que coidan os alumnos con moito cariño e respecto.

    O tema da igualdade tamén está moi coidado no colexio de O Piñeiriño. Os rapaces realizan actividades domésticas nunha aula acondicionada como unha casa, con electrodomésticos incluídos, todo moi real. Encárganse de lavar os pratos, facer a lista da compra, poñer a mesa e facer a cama. Ademais de actividades do día a día, tamén se propoñen obradoiros para desenvolver a intelixencia. Por un lado, o chamado taller ‘Aprender a pensar’. Aquí, os alumnos enfróntanse a experimentos, enigmas e xeroglíficos. Por outra banda, o colexio leva a cabo obradoiros de promoción da lectura.

    Como non pode ser doutra maneira, en pleno século XXI, o colexio introduciu as novas tecnoloxías. Na aula de informática os alumnos aprenden a utilizar o ordenador, pero tamén coñecen como é por dentro. Asemade, a defensa da cultura galega, é importante no colexio Piñeiriño. Así, fanse romarías e homenaxes no Día das Letras Galegas. Pero tamén os alumnos colaboran facendo murais recreando as obras de artistas galegos.

    Para os alumnos con problemas de aprendizaxe, o colexio dispón do chamado Plan PROA, de reforzo, orientación e apoio. Para adaptarse a unha sociedade globalizada, o colexio dá moita importancia á aprendizaxe do inglés. Por todos os corredores atópanse palabras, fotografías e debuxos relacionados co idioma de Shakespeare.

    Chama a atención que o edificio e o recinto están divididos en rúas. Podemos encontrar dende a rúa da Paz ata a rúa dos Dereitos dos nenos e das nenas. Con tantas actividades integradoras o rapaces están encantados co colexio e recoñecen que non o cambiarían por nada.

    Redacción Salnés