Seis xogadores do Cambados TM acadan o seu pase ó Nacional

tenisdemesa250_101209.jpgSALNÉS> Durante estes días estívose a celebrar nas Rozas, Madrid, o torneo zonal norte. Ata alí desprazáronse varios xogadores do Cambados Tenis de Mesa. Seis deles pudieron clasificarse para o estatal.

Grandes resultados para o Cambados Tenis de Mesa nas Rozas, lugar onde estes días celebrouse o territorial norte clasificatorio para o Campionato Nacional. Ata seis xogadores acadaron o seu pase e outros dous fíxerono como reservas.

En benxamín femenino Paula Padín foi séptima tras pasar como primeira do seu grupo e caer nos cuartos, despois de acusar os nervos nos partidos clave do campionato. Andrea Chaves quedou xusto por detrás en oitavo posto tras perder tamén nos cuartos de final.

En alevín masculino chegou o resultados máis destacado coa victoria sen paliativos de Martín Regueiro. Foi primeiro sen perder ningún partido, xogando a un nivel extraordinario e superando a rivais colocados por enriba del no ranking.

En infantil femenino, Raquel Martínez foi décima pese a ser o seu primeiro ano na categoría. Caeu nos oitavos pero logo soubo clasificarse para estar entre as dez primeiras. Cristina Barreiro, rematou xusto por detrás dela e estará como primeira reserva.

En xuvenil, Fernando Padín rematou tamén undécimo e polo tanto será reserva logo de cruzarse nos oitavos co a postre subcampión. Gañou nove partidos e perdeu tan só dous en todo o campionato, polo que o nivel que amosou foi moi alto. Entre as mulleres Gema Cores foi sexta tras rematar a súa andaina nos cuartos de final.

En sub-23 Adrián Vidal conseguíu o seu pase como noveno tras perder tan só un partido en todo o campionato, o de oitavos de final.

Ademais, o martes, en Primeira División Nacional, o Caixanova Cambados caeu por 4-3 en Valladolid nun partido moi igualado ante o Collosa.

Redacción Salnés