A Mancomunidade aproba a solicitude de crédito para o EDAR

    mancomunidade_copia100.jpgCAMBADOS> Os municipios de Cambados, Ribadumia e Vilanova van asumir o 90% do costo total, aínda que Vilagarcía, Meaño e Meis tamén realizarán aportacións.

    {flowplayer}images/salnes/PLENO_MANCOMUNIDADE.flv{/flowplayer}

    O crédito, que supera os 360.000 euros, poderá subscribirse en breve a través da Caixa de Anticipos da Deputación de Pontevedra e vai ser amortizado en 15 anos. Trala primeira aportación correspondente a 2010 para gastos de operación, os concellos terán 3 anos de carencia, e retomarán os paros e 2013 ata o 2027, ininterrompidamente.

    A Mancomunidade do Salnés, vai adquirir unha parcela en Barrantes, nunha zona que limita co concello de Cambados, sendo os propietarios da parroquia de Vilariño quenes aceptaron a oferta polos seus terreos. Nesta zona vaise construír unha depuradora de augas residuais sobre o Umia, para canalizar os vertidos procedentes dos diferentes polígonos industriais da comarca.

    Deste xeito, onte se deu o visto bo á distribución por municipios dos costos da adquisición destes terreos. Ribadumia investirá case 129.000 euros, Cambados máis de 111.000 euros e Vilanova con 86.000 euros. Pola súa parte, Meis, Meaño e Vilagarcía, contribuirán ó investimento, sendo o concello mesiño o que máis gastos deberá sufragar.

    Durante a sesión de onte, o portavoz do BNG, Xosé Castro Ratón, criticou que este sistema agudiza o endebedamento dos concellos.

    Durante o pleno, tamén se deu conta do decreto de liquidación do orzamento da mancomunidade de 2009, así como do plan de Dinamización Turística.

    Redacción Salnés