As obras do edificio en ruínas da Praza do Castro en Vilagarcía chegan ao seu fin

    VILAGARCÍA> As obras de consolidación do edificio en ruínas da Praza do Castro en Vilagarcía, están a piques de rematar, tras unha situación e bloqueo de máis de dous anos.

     

    Máis de dous anos, ese é o tempo que permaneceu bloqueada a situación da casa en ruínas que está na Praza do Castro en Vilagarcía. Unha situación que decidiu abordar o Concello, quen acometeu directamente as obras ante as constantes desobediencias das ordes municipais, por parte dos propietarios do inmoble. 

    Solidificáronse as estruturas con elementos metálicos para consolidar os muros da edificación, demoleuse a cuberta e tapiáronse fiestras e portas para impedir a entrada. Unha vez rematados os traballos, o Concello reclamará a contía económica invertida aos propietarios, e mesmo esta disposto a chegar aos tribunais na reclamación. 

    O mal estado do inmoble obrigou ao corte dunha das rúas que unen a Praza do Castro coa Avenida da Mariña, en pleno centro da localidade, porque unha das fachadas laterais ameazaba con derribarse e tivo que ser apuntalada. O alcalde Alberto Varela e a Concelleira de Urbanismo, Paola María, visitaron este xoves as obras, que están a piques de rematar. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/17/obras_praza_castro_villa_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/17/obras_praza_castro_villa.mp4{/flowplayer}