VILAGARCÍA> O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, remitiu hoxe á subdelegación do Goberno unha solicitude na que pide a celebración urxente dunha Xunta Local de Seguridade para organizar os dispositivos de seguridade de cara ó Nadal. No concello preocupa a escaseza de axentes na cidade e pide ‘ás administracións competentes’ que tomen cartas no asunto nunha época de alta actividade comercial e na que se realizarán actividades cun elevado volume de público.
Inicio Salnés - Caldas