O BNG presenta unha ruta turística pola parroquia de Castrelo

    telleiras100.jpgCAMBADOS> Este domingo, a partir das 10.30, os intresados poderán coñecer, entre outros lugares, Monte do Castro, as telleiras e os viñedos da zona.

    {flowplayer}images/salnes/BNG_TELLEIRAS_CAMBADOS.flv{/flowplayer}

    Durante dúas horas e media e a través de 5 kilómetros, percorreranse os lugares máis emblemáticos da parroquia de Castrelo. A ruta presentada polo BNG de Cambados, recolle zonas de moito interese como o Monte do Castro, a igrexa parroquial e o cruceiro de O Adro, a Praia do Facho, as Telleiras, os cruceiros de Lourido ou a adega de albariño de Outeiro.

    Precisamente sobre as telleiras, os nacionalistas recordaron que a primeira que se rehabilitou na zona se fixo mal, xa que se lle puxo un tellado normal e corrente, cando tiña que instalarse unha cheminea.

    Esta ruta turística para coñecer o rural, enmárcase no programa En marcha co BNG, que se iniciou o pasado vinte de xuño en Oubiña. O obxectivo é dar a coñecer a vida e a historia das parroquias cambadesas.

    Victor Caamaño sinalou que esta iniciativa está a ter moito éxito, non só entre a xente de Cambados senón tamén de outras localidades que se achegan para coñecer novos espazos.

    Redacción Salnés