As obras do polígono industrial de Té darán comezo a vindeira semana

    inicioobraste_100_270209.jpgRIANXO> O executivo rianxeiro confía en que as obras de urbanización estean rematadas antes dun ano.

    {flowplayer}barbanza/inicioobraste.flv{/flowplayer}

    Fontes municipais informaron de que as obras de construción do futuro parque empresarial de Te iniciaranse con toda seguridade a vindeira semana, probablemente o martes ou mércores. Este foi o acordo ó que chegaron os responsables municipais coa SEA, Solo Empresarial do Atlántico, a empresa pública encargada de levar a cabo as actuacións do polígono rianxeiro.

    Período electoral

    Estaba previsto que as actuacións deran comezo con anterioridade, pero para evitar que coincidise co período electoral e que se produciran suspicacias de empregar esta obra como arma electoral, as autoridades locais optaron por retrasa-lo comezo dos traballos de urbanización do polígono.

    Numerosos atrancos

    Toda a documentación requerida polas diferentes Consellerías xa hai tempo que foi admitida e aprobada, polo que o inicio das obras era inminente. Para que se leve a cabo a obra, o executivo rianxeiro que preside Pedro Piñeiro debeu salvar numerosos atrancos, que significaron o retraso no comezo das actuacións. Ata hai pouco tempo, menos dun ano, tan só foran adquiridos a metade dos terreos necesarios para levar a cabo o polígono, e houbo que acudir á expropiación para conseguilos todos.

    Prazo execución dun ano

    O prazo de execución dos traballos de urbanización do recinto rondarán o ano. Terá una superficie global de 340 mil metros cuadrados, dos que ó redor duns 200 mil se destinarán a uso empresarial.

    Redacción Barbanza