Masiva degustación de empanada na romaría da Guadalupe dos Casás

    exaltacinempanada_100_040906.jpgPOBRA > Miles de persoas déronse cita na parroquia de Posmarcos para asistir á Romaría da Guadalupe dos Casás que este ano acada xa a súa 21 edición. Os asistentes puideron desfrutar de boa comida posto que esta festa acolle dende hai sete anos a exaltación da empanada. As dúas mil racións preparadas esgotáronse en apenas dúas horas.

    A romaría da Guadalupe dos Casás deu comezo coa celebración dunha misa cantada en honor á Virxe. Dende entón, e durante toda a xornada, os preto de tres mil asistentes desfrutaron desta emblemática festa popular que dende hai 21 anos vén congregando ós pobreses na parroquia de San Isidoro de Posmarcos.

    guadalupedoscasas_200_040906.jpgSen dúbida, un dos principais atractivos da festa foi o seu carácter gastronómico posto que o programa de actos acolle a exaltación da empanada. Segundo a organización repartíronse un total de dúas mil racións deste tradicional produto así como de sardiñas asadas, mexillóns ó vapor e cachelo. Todo elo acompañado, por suporto, de pan de millo e un bo viño galego. A pesar do alto consumo, ningún asistente foi quen de superar o reto plantexado pola comisión organizadora de beber os catorce litros de viño que contiñan os recipientes de barro. Sen embargo, foron moitos os que levaron as xarras para casa coma recordo desta data así coma outros premios variados que repartiu a organización.

    A música tampouco podía faltar neste encontro. Foro  os grupos de gaitas A Gandaina de Palmeira e as charangas ‘A Ponte Vella’ e ‘Tíralle do Aire’ as encargadas de anima-la festa que se prolongou ata ben entrada a noite.

    Redacción Barbanza