Espina y Delfín construirá o novo colector da praia de Barraña

    retiradacolectoresbarranha_100_171209.jpgBOIRO> A actuación, que suporá un investimento próximos ós catro millóns de euros, permitirá a retirada da rede que discorre soterrada polo areal.

    {flowplayer}barbanza/retiradacolectoresbarranha.flv{/flowplayer}

    Está previsto que a nova tubaxe se instale na zona máis próxima á estrada para evitar unha maior afectación sobre a praia. Contará cunha capacidade moito maior que a actual canalización que se atopa semisoterrada no areal. A rede dará servizo a todo o núcleo urbano de Boiro e á parroquia de Escarabote aínda que nun futuro prevese ampliar as conexións co saneamento do Río Coroño.

    Forte investimento

    O proxecto, valorado en preto de catro millóns de euros, que serán cofinanciados pola Consellería de Medio Ambiente e recolle tamén a colocación dun tanque de tormentas para evitar desbordamentos nos días de temporal así como pasarelas peonís sobre o paseo marítimo.

    Redacción Barbanza