![]()
RAXÓ> O anunciou o Xefe Territorial de Medio Ambiente referíndose á estrutura de formigón de Raxó, ilegal, construída nos anos 90.
{flowplayer}images/salnes/DEMOLICION_ESTRUTURA_RAXO.flv{/flowplayer}
A historia desta estrutura situada na avenida da Toxa, en Raxó, no concello de Poio, remóntase ós anos 90 cando foi levantada. Daquela, segundo relatou o alcalde, ó non axustarse á licenza adquirida, tivo que ser a xustiza a que prohibise que se rematase. Así mesmo, o PXOM do 2000 catalogaba a parcela coma zona verde e polo tanto non edificable.
Pero finalmente tivo que ser a Axencia da Protección da Legalidade Urbanística da Xunta a encargada de pór en marcha a sentenza firme que obrigaba a súa demolición, ó non acometela os seus donos.
Despois das primeiras medicións que motivaron a visita do Xefe Territorial de Medio Ambiente á zona, agardan contar co proxecto definitivo a finais de ano. T
De cumprirse estes prazos, desde a Xunta agardan poder executalo derribo no primeiro trimestre do 2013. E despois de tanto tempo, Luciano Sobral quixo agradecer a colaboración da Xunta xa que se non se fixo antes, dixo, foi por non contar cos orzamentos suficientes para facelo.
Agora quedaría por resolver, sinalou o rexedor local, o destino da parcela. Entenden que os propietarios a deberían ceder á administración para amortizalo gasto do derribo pero, polo de agora, non conseguiron contactar con eles.
Aproveitando a ocasión, o Xefe Territorial de Medio Ambiente anunciou que nestes días tamén van proceder ó asfaltado da estrada de Dorrón.
Redacción Salnés









