Fernández Lores: ‘Pontevedra é unha cidade moi segura’

    xunta_seguridade_copia100.jpgPONTEVEDRA> A Xunta de Seguridade de reuniuse esta mañá para estudar os datos de delincuencia.

    {flowplayer}images/salnes/SEGURIDADE_PONTEVEDRA.flv{/flowplayer}

    O subdelegado do Goberno, Delfín Fernández, e o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández, reuníronse cos principais responsables da policía local e nacional. Nese encontro, estudáronse os datos delincuencia deste ano e se compararon con períodos anteriores. Segundo Miguel Anxo Fernández, Pontevedra é unha cidade moi segura.

    En canto á violencia de xénero, o estudo describe un descenso das denuncias así como das ordes de protección. Para terminar con esta lacra social, decidiuse crear unha mesa multidisciplinar como prevención.

     Delfín Fernández destacou que aumentaron o esclarecemento de delitos e a taxa de detidos, por enrriba da media española.

    O alcalde e o subdelegado están moi satisfeitos cos datos e apuntaron que a mellora da seguridade débese ó maior número de policías, á súa preparación e á colaboración entre corpos de seguridade.

    Redacción Salnés