PONTEVEDRA> Medida estrela do Pacto Local polo Emprego que é froito da colaboración entre o Concello e o Fondo Social Europeo.
{flowplayer}images/salnes/PACTO_EMPREGO.flv{/flowplayer}
A bolsa de emprego estará operativa ó longo do ano 2010 unha vez que culminen unha serie de fases previas de toma de contacto co sector empresarial, unificación de protocolos e a aprobación da páxina web. O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, que esta iniciativa é unha resposta do Concello ós azotes da crise.
Fernández Lores sinalou que, dende hai anos, o concello está comprometido coa creación de emprego.
O obxectivo final é que o portal web se converta na referencia da comarca de Pontevedra para ofertar ou buscar traballo, indo máis alá do que xa fan os portais privados. Centrarase en 3 áreas: orientación laboral, inserción e integración social.
Na web poderase atopar tamén información sobre cursos, xornadas, axudas, subvencións e novas relacionadas co emprego.
Redacción Salnés