Noieses Independentes Agrupados fai balance destes dous anos de goberno

    NOIA> A formación celebrou esta pasada fin de semana unha cea á que asistiron militantes e simpatizantes da formación. Máis de 250 persoas, na súa maioría militantes e simpatizantes do NO.I.A., asistiron no restaurante o Trapeiro a unha cea-reunión, que serviu para facer balance destes algo máis de dous anos de goberno e recoller tamén de primeira man as principais demandas e necesidades do municipio. Durante o acto aludiuse a un feito que marcou, sen dúbida, o actual mandato, como foi a moción de censura que levou ó PP, co seu apoio, á fronte da alcaldía. Na xuntanza púxose de manisfesto tamén a súa intención de presentarse como forza independente ás vindeiras eleccións municipais, acalando así definitivamente os rumores que apuntaban a súa reintegración no Partido Popular. A protección do sector marisqueiro, o fomento do importante tecido comercial ou o recoñecemento de Noia coma Portus Apostoli dentro do Camiño de Santiago serán algunha das súas principais apostas de futuro da formación con vistas ós futuros comicios municipais.