Brutal agresión no atraco a unha xoiería no centro de Boiro

    atracoxoieriaboiro_100_171209.jpgBOIRO> Tres individuos atracaron a punta de pistola unha xoiería situada na rúa Robustiano Pérez del Río. Os asaltantes, que non dubidaron en cometer o roubo a plena luz do día e a cara descuberta, golpearon brutalmente ó propietario do establecemento que tivo que ser trasladado ó hospital do Barbanza.

    {flowplayer}barbanza/atracoxoieriaboiro.flv{/flowplayer}

    Os feitos aconteceron un pouco antes das dez da mañá cando tres individuos accederon ó interior da xoiería onde se atopaba o seu propietario, Santiago Lado. Segundo informou a Garda Civil, os asaltantes que ían armados maniataron e golpearon ó responsable do negocio para posteriormente facerse cun botín que aínda está por cuantificar.

    A violencia coa que se prepetrou o atraco fixo que o dono da xoieiría tivese que ser ingresado no hospital. Segundo informaron testemuñas presenciais, o home, aínda que abandonou o negocio polo seu propio pe, presentaba importantes feridas na cabeza e sangraba abundantemente. Ó parecer, os asaltantes golpeárono en reiteradas ocasións coa culata dunha pistola. 

    Vaga de roubos

    Este atraco non é o primeiro que se rexistra na zona xa que nas últimas semanas se teñen rexistrados varios sucesos similares en xoierías da comarca. O incremento dos roubos con violencia pon en xaque a un sector ameazado que demanda maior protección.

    Mentres tanto, a Garda Civil segue adiante coa investigación para dar cos autores do atraco.

    Redacción Barbanza