O goberno pobrés destina o segundo Plan E ás parroquias

    obrafondoestatalpobra_100_17122009.jpgPOBRA> Algunhas das actuacións previstas son a mellora do contorno da escola da Angustia e das unitarias da Ribeiriña, O Campo e A Granxa.

    Ó concello pobrés correspóndenlle con cargo a este segundo Plan E algo máis dun millón de euros, dos cales ó redor duns 858 mil serán investidos nun total de sete obras. A cantidade restante será destinada ó pago dos gastos correntes.

    {flowplayer}barbanza/obrasfondoestatalpobra.flv{/flowplayer}

    Deses sete proxectos presentados polo alcalde e o concelleiro de obras, destaca por riba de todos a actuación integral prevista para o contorno da Praza Benigno Davila e Campo Angustia. Esta actuación disporá dun presuposto de máis de 217 mil euros.

    Unha parte importante das obras a desenvolver con cargo deste Plan serán de saneamento e abastecemento de auga, na rúa Venecia, no lugar de Xunqueiras e no Camiño dos Cons na Lomba.

    Dentro das actuacións previstas o concello pobrés incluíu tamén a construción de novos vestiarios no polideportivo Venecia e outra actuación medioambiental e de aforro enerxético na zona da Mirandela, así como o acondicionamento das escolas unitarias da Ribeiriña, O Campo, A Granxa e Vilariño.

    Redacción Barbanza