O presidente da Deputación almorza cos xornalistas do Salnés

    louzan_copia100.jpgVILAGARCÍA> Louzán, xunto co vicepresidente provincial, José Juan Durán, repasou o investimento da Deputación, así como os novos proxectos para 2010.

    {flowplayer}images/salnes/DESAYUNO_LOUZAN_PERIODISTAS.flv{/flowplayer}

    Rafael Louzán almorzou cos xornalistas no Hotel Castelao de Vilagarcía. Durante o encontro o presidente da Deputación explicou os investimentos que realizou a institución provincial no Salnés. Louzán destacou que a colaboración entre a Deputación e os Concellos, durante este ano, foi moi importante.

    O presidente da Deputación, sinalou o gran éxito do Plan anticrise elaborado pola administración provincial, adicado, especialmente a infraestructuras e saneamento. Louzán afirmou que se realizaron investimentos moi importantes no ámbito social, cultural, deportivo e de axuda ás confrarías da comarca.

    Durante o almorzo, tamén se adiantaron os proxectos do 2010, como a construcción de 4 pousadas no entorno do Monasterio de Armenteria e o acceso a Internet a todos os concellos da provincia.

    Está previsto que estas actuacións comecen entre finais deste ano e principios do seguinte.

    Redacción Salnés