O Concello remodelará o Parque de Ravella con cargo ó Arousa XXI

    plano_100.jpgVILAGARCÍA> O Concelleiro de Ordenación do Territorio de Vilagarcía, Marcelino Abuín, presentou hoxe a vindeira actuación que se vai a executar…

    {flowplayer}images/salnes/181209_abuin_parque_ravella.flv{/flowplayer}

    … neste Concello con cargo os fondos de Arousa XXI. En total este Concello pretende empregar máis de un millóns douscentos mil euros nunha actuación centrada no parque de Ravella e o entorno do Concello, de xeito que se unifiquen estes espazos e se cree unha ampla zona verde. Esta proposta está deseñada pola arquitecta local Isabel Aguirre, quen pretende recuperar esta zona para os peóns, de xeito que se unifique o pavimento do entorno e o mobiliario urbano, restaurando o antigo, se creen máis zonas verdes e se dote de luminarias máis modernas; desde o propio parque ata as proximidades da casa consistorial.

    Deste xeito, este espazo quedará moi distinto do seu aspecto orixinal, datado do ano 1883; aínda que se intentará crear un todo unificado coma daquela. Esta actuación suporá a desaparición dos aparcadoiros dos tramos lindeiros da Avenida Juan Carlos I, da Avenida López Ballesteros, e Praza de Xoán XXIII; onde se limitará o tráfico de vehículos nas proximidades do parque.

    Redacción Salnés