Varias autoridades acuden á gala contra o narcotráfico

    gala_fad100.jpgVILAGARCÍA> Autoridades e veciños concienciados coa causa, asistiron á  Gala da Fundación Galega contra o Narcotráfico. Entre os presentes, o conselleiro de Presidencia Alfonso Rueda.

    {flowplayer}images/salnes/GALA_FAD.flv{/flowplayer} 

    Ás 8 e media daba comezo ó acto que se celebrou no auditorio de Vilagarcía. Ademais do conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, acudiron ó acto o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, a alcaldesa de Vilagarcía, Dolores García, o subdelegado do Goberno en Pontevedra, Delfin Fernández. Acompañados por outros cargos locais e autonómicos.

    A gala anual da Fundación galega contra o Narcotráfico estivo conducida polo xornalista Juan de Sola, que foi o encargado de anunciar os premiados deste ano polo colectivo.

    As Nécoras de ouro que entrega a FAD recaeron a título individual na Xuiza titular do Xulgado de Instrucción nº1 de Cambados, no xornalista Manuel López Torrente e no párroco de Sobradelo, Daniel Espiño Outeiro. Pola súa loita contra o narcotráfico. Na categoría de entidades premiadas as galardoadas foron a unidade GRECO en Galicia, a unidade UDYCO en Galicia e a Obra social Caixanova.

     O acto contou coa presenza de numerosos veciños da comarca. Entre eles destacaron deportistas arousáns que quixeron apadriñar a causa. Como o regatista olímpico Antón Paz, o ciclista Gustavo Veloso e o seu preparador deportivo, o campión de España de Taekwondo Raúl Bouzas ou o regatista Carlos Paz. A súa presenza simboliza a importancia do deporte como prevención contra o consumo de drogas.

     Redacción Salnés