Evacuada unha familia na Adina por unha mala combustión dun quentador

    SANXENXO > Policía Local, Bombeiros e Protección Civil tiveron que intervir nun fogar por mor dunha intoxicación. Un matrimonio mailos seus tres fillos foron evacuados do fogar tras sufrir mareos, ó parecer, pola mala combustión do quentador.

    As persianas mailas fiestras permanecían na tardiña do luns baixas no número 55 do lugar do Seixal na Adina. O matrimonio que vive nel e mais 2 dos seus fillos, permanecían nese momento ingresados aínda no hospital en Pontevedra logo de que esta mañá sufriran unha intoxicación.

    María de 48 anos, José de 44 e mailos seus fillos de 18, 16 e 14 anos de idade comezaron a sentirse mal. Eran preto das oito e media da mañá cando o 061, avisados por eles mesmos, evacuaba xunto con Protección Civil e maila Policía Local a toda a familia. Aínda que todos no fogar tiveron que ser evacuados e levados ó hospital as súas vidas non corrían perigo e o seu estado non revistou gravidade en ningún momento.

    Redacción Salnés