CAMBADOS> As xornadas gastronómicas Acercando impulsadas pola Mancomunidade do Salnés para promover os produtos da pesca do cerco teñen esta fin de semana un dos seus puntos clave. Non só comezan as rutas de tapas Acercando o Pincho en Cambados e O Grove, senón que tamén se dá inicio ás demostracións de cociña en directo a cargo dos chefs Pepe Solla e Ángel León.
A Mancomunidade xa ten todo listo para a primeira demostración de cociña en directo. Mañá, na praza de Fefiñáns en Cambados, a pesca do cerco contará con dous defensores de luxo: os chefs Pepe Solla e Ángel León.
Dos fogóns de Pepe Solla sairán mañá pratos coa boga e o xurelo de protagonistas. León, pola súa banda, cociñará agulla e xarda. Catro especies do cerco que teñen un gran peso nas cartas dos restaurantes destes prestixiosos cociñeiros.
E é que ambos o teñen claro: o baixo prezo destes peixes xoga na súa contra.
A primeira demostración destas xornadas Acercando arrancará mañá en Fefiñáns a partires das 6 da tarde, e estará seguida dun pincho gratuíto para os que asistan.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/05maio/09/xornadas_acercando.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/05maio/09/xornadas_acercando.mp4{/flowplayer}