O PP cambadés descarta a ampliación do Hospital do Salnés

    pleno_grove_100_231209.jpgCAMBADOS> A moción, presentada no pleno polo grupo municipal do BNG e apoiada polo PSOE, non contou co favor do goberno local.

    No pleno celebrado en Cambados, BNG e PSOE puxeron sobre a mesa as súas propostas. A máis reseñable foi a moción que versa sobra a ampliación do Hospital do Salnés. A este respecto, os socialistas defenderon a necesidade de executar un plan director para, deste xeito, mellorar os servizos prestados polo centro hospitalario ós seus pacientes.

    Pola súa banda, os nacionalistas non dubidaron en defender as propostas da Plataforma do Salnés, cuxos membros se reuniron recentemente con Cores Tourís, quen declarou que as obras poderían dar comezo antes de que remate o próximo ano. Pero esta moción, presentada polo Bloque Nacionalista Galego, foi rexeitada polos populares. A súa negativa respaldouse nas últimas declaración ofrecidas pola Consellería de Sanidade segundo este tema, onde se fixa o inicio das obras para o ano próximo.

    O PP tamén aproveitou a ocasión para recriminar a BNG e PSOE, o feito de comezar eles este proxecto durante o bipartito, sendo agora o PP quen ten que facer fronte a esta inversión. Outra das mocións presentadas e tamén rexeitada, foi a presentada polos socialistas sobre a reforma fiscal baixo criterios de xustiza, equidade e progresividade.

    O PSOE, por outro lado, tamén propuxo un concurso de poesía co nome do escritor cambadés Ramón Cabanillas. Con respecto ó Plan E, pediron que se convoque á xunta de portavoces municipais previa á proposta de proxectos a incluír na partida presupostaria asignada para Cambados no 2010.

    Redacción Salnés