Vilanova alberga un sorteo especial da Lotería Nacional

    VILANOVA> O 74.281 foi o número agraciado na Lotería Nacional do pasado sábado cun premio de 600.000 euros á serie. A sorte quixo que os cartos fosen a parar…

    {flowplayer}images/salnes/loteria_vilanova.flv{/flowplayer}

    …á localidade cordobesa de Puente Genil. Con todo, Vilanova de Arousa foi igualmente afortunada posto que acolleu este sorteo especial da Lotería Nacional; un dos doce que celebra anualmente a Lotería Nacional fóra das súas dependencias.

    O pavillón municipal vilanovés fixo as veces de salón de sorteo para acoller ó elenco de nenos do colexio de San Idelfonso. Como manda a tradición, o público foi o encargado de frear o movemento dos bombos para extraer en cada caso o número agraciado. Foron pois os veciños de Vilanova os encargados de elixir ó chou as combinacións premiadas. Tamén os escolares de Vilanova foron protagonistas por un día; posto que oito alumnos do Colexio local Julio Camba axudaron ós escolares madrileño, levantando os carteis cos números que eles cantaban.

    O segundo premio cantado por estes nenos e nenas foi ó 21.023. Estaba dotado con 120.000 euros á serie que foron a parar a Badaxoz e a Tenerife. A sorte non quixo deixar carto algún en Vilanova malia que as posibilidades disparáronse para este sorteo: na vila e na contorna a venda de billetes, decorados para a ocasión co talle do vilanovés máis universal Ramón María del Valle Inclán, multiplicouse por 15.

    Aínda así, Vilanova tivo fortuna: a de vivir unha emocionante xornada dun sorteo na súa localidade da Lotería Nacional, na que amais, o público presente colaborou ca súa entrada para achegar fondos á delegación vilanovesa da ONG Cáritas Interparroquial.

    Redacción Salnés