O PP de Vilagarcía insiste en soterrar o acceso ó porto no Piñeiriño

    perez_arca100.jpgVILAGARCÍA> Os populares valoraron hoxe o rexeitamento que tivo no Congreso a proposta presentada polo deputado Jesús Pérez Arca.

    {flowplayer}images/salnes/fole_acceso_porto.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA> Os populares de Vilagarcía valoraron hoxe o rexeitamento que tivo no Congreso a proposta presentada polo deputado arousán Jesús Pérez Arca. O PP dubida de que o goberno central teña realmente intención de soterrar o acceso ó porto de Vilagarcía na zona do Piñeiriño e pide que reconsideren a súa postura.

    O PP de Vilagarcía insiste na urxente necesidade de modificar a obra de acceso ó porto e facer un paso inferior na rotonda de intersección coa avenida de Cambados. Por iso se manifesta decepcionado logo de que o PSOE rexeitase esta proposta no Congreso.

    O PSOE propuxo continuar coas obras actuais e abrir a estrada ó tráfico a principios do ano 2010, analizar posteriormente o volume de circulación e comprobar se é necesario o paso inferior que propón o PP. Para o PP, o PSOE só pon escusas para non acometer o paso inferior, ignorando así as peticións da Autoridade Portuaria, os veciños da zona e o propio Concello de Vilagarcía.

    Redacción Salnés