O temporal provoca múltiples destrozos nas localidades costeiras

    temporal_salnes100.jpgSALNÉS> O temporal desta madrugada deixou múltiples destrozos nas localidades costeiras do Salnés.

    {flowplayer}images/salnes/TEMPORAL_SALNES.flv{/flowplayer}

    SALNÉS> O temporal desta madrugada deixou múltiples destrozos nas localidades costeiras do Salnés. Os ventos chegaron a alcanzar os 133 km/h nalgúns puntos da comarca. O resultado: tellados arrancados, árbores caídos e problemas no subministro de luz por caída do tendido eléctrico.

    Na Illa de Arousa, varios barcos soltáronse das súas amarras e apareceron varados nunha praia cercana ó porto do Xufre. Ademais, a forza do mar, foi capaz de arrastrar varias bateas depositándoas preto dos areais. Os tellados tamén sufriron a furia do vento. Varias planchas metálicas que cobren o Instituto da Illa saíron voando para acabar aplastando casas cercanas.

    En Vilagarcía, na rúa Valle Inclán, á altura da depuradora de residuais, a forza do mar, tirou parte do valo de pedra que protexe do mar, abrindo un buraco na calzada duns 5 metros cadrados. O carril sentido Vilagarcía Vilaxoán está cortado. O servizo de emerxencias fixo máis de 42 intervencións.

    En Cambados, o vento foi capaz de levantar o tellado do colexio da Pastora. No centro da localidade, na Praza da Leña, unha árbore caeu sobre unha casa e danou tamén a varios coches aparcados no arredor.

    En Vilanova, varias rúas estiveron cortadas pola caída de árbores e de cables do tendido eléctrico. Os veciños estiveron sen luz ata as 10 da mañá. O vento, tamén foi capaz de tirar un muro. Os servizos de emerxencias quéixanse dunha falta de previsión deste temporal que pillou, ós parques de bombeiros, con pouco persoal de garda.

    No Grove, o servizo de Emerxencias e mailo persoal de almacén do Concello traballan desde esta madrugada para que o municipio recobre a normalidade. Protección Civil calcula que uns oitenta árbores caeron no total do concello polas fortes rachas de vento que zoaron na península meca. No mar, tamén houbo incidencias e ata cinco bateas quedaron varadas en terra. Catro delas na Cabreira e unha na praia das Pipas.

    En Sanxenxo, o Servizo de Xestión de Emerxencias, a Policía Local e o persoal do departamento de Servizos Xerais tratan tamén de que o concello se recupere do temporal. As incidencias máis destacadas son a caída de árbores en practicamente todo o municipio. O vento tamén derrubou vallas publicitarias e de obras, e postes que provocaron cortes no subministro eléctrico en distintos puntos do concello.

    Xa no interior, en concellos como Meis, Ribadumia ou Portas o temporal de vento tirou árbores, contedores, postes de luz e de teléfono e vallas de publicidade. En moitos dos casos, foi preciso o corte de estradas.

    Redacción Salnés