A ANPA do colexio de Carril pide actuacións ás adimistracións para garatir a seguridade do centro

VILAGARCIA> A Anpa do colexio de Carril pide ás administracións que actúe no centro para frear o avance dos contaxios. Dende o concello xa anunciaron que se porán en contacto coa Xunta para poder desinfectar o centro aínda que non sexa a súa competencia. A cifra de contaxios descendeu hoxe ata os 17.

O cribado no colexio de Carril aflorou un total de 26 positivos por covid 19 no centro. Uns contaxios que comezan a descender coa recuperación de 9, situando a cifra total nestes momentos en 17 contaxiados. A pesar desta melloría, dende a Anpa mostran a súa preocupación polo alto número de positivos.

Todos os positivos son alumnos do centro e non presentaron síntomas. Dende a Anpa non teñen constancia de que ningún familiar se contaxiase, aínda que máis dunha trintena permanecen en corentena por precaución. Os pais e nais piden axuda á Xunta para que garanta a seguridade no centro.

Dende a Anpa tamén pediron a intervención do concello. O goberno local xa pediu permiso á xunta para desinfectar ao centro, xa que estas tarefas non son da súa competencia.

A desinfección do centro coincidirá coas vacacións do entroido. Unha vez detectados os asintomáticos e coa súa recuperación, todo fai indicar que o alumnado poderá volver ao centro o vindeiro xoves 18 con bastante seguridade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí