Airiños enche o Auditorio no seu retorno

airinos100.jpgVILAGARCÍA> O Auditorio encheuse este sábado pola noite ata a bandeira para gozar do retorno do grupo musical Airiños.

{flowplayer}images/salnes/airinos.flv{/flowplayer}

VILAGARCÍA> O Auditorio municipal de Vilagarcía encheuse este sábado pola noite ata a bandeira para gozar do retorno do grupo musical Airiños.

Tres xeracións uníronse neste concerto único no que se falou de liberdade, amizade e cristianismo. O espectáculo estivo dedicado especialmente ó párroco da Xunqueira Jaime Vahamonde, mentor de Airiños hai xa corenta anos.

O concerto comezou coa actuación dun grupo de nenos, os novos Airiños, que lembraron as cancións que interpretaran os seus pais. As voces máis veteranas tamén se escoitaron neste escenario con temas que os viron crecer nos 70.

Na gala tamén se proxectaron fotografías da formación. Os mellores momentos de Airiños recompílanse ademais nun libro editado por Teófilo Edicións, que tamén se presentou no marco deste espectáculo.

Redacción Salnés