José A. Cacabelos: ‘En tódalas familias hai discusións’

    cuatripartito_grove100.jpgO GROVE> O goberno cuatripartito do Grove afirma que está unido, inda que como en tódalas familias, teñen discusións.

    {flowplayer}images/salnes/cuatripartito_grove.flv{/flowplayer}

    O GROVE> O goberno cuatripartito do Grove afirma que está unido, inda que como en tódalas familias, teñen discusións. Así o indicou o alcalde José Antonio Cacabelos nunha comparecencia ante os medios de comunicación na que estivo acompañado dos outros tres portavoces.

    O goberno local do Grove sae así ó paso das continuas críticas que recibe dos grupos da oposición, A Meca, e especialmente, o PP. O cuatripartito fixo balance e asegura que a súa xestión supera nestes dous anos e medio á que deixaron os populares en 8.

    O cuatripartito tamén criticou ás administracións gobernadas polo PP, a Xunta e a Deputación. Acúsanas de boicotear sistematicamente os investimentos para este concello. Entre eses feitos para 2010, o goberno do Grove anuncia o PXOM. O cuatripartito garante que presentará un plan aprobable pola Xunta, e indica que aproveitarán o que poidan do borrador tramitado na etapa do PP.

    O goberno do Grove asegura que nestes dous anos e medio fixeron obras pero tamén melloraron os servizos.

    Redacción Salnés