Aprobado o RPT de Vilagarcía nun pleno extraordinario con rifirrafes

    pleno_vilagarcia_copia100.jpgVILAGARCÍA> Así se aprobou nun pleno extraordinario cos votos do PSOE e do BNG. O PP mostrouse en contra e Esquerda Unida se abstivo.

    {flowplayer}images/salnes/PLENO_VILAGARCIA.flv{/flowplayer}

    Despois das dúas reclamacións ó proxecto de RPT presentadas onte, in extremis, a sesión plenaria desenvolveuse con continuos rifirrafes. O Partido Popular acusou ó goberno municipal de non crear postos de traballo futuros. Denunciaron que intentan regularizar ós seus enchufados a través do que definiron como a Relación de Paripés do Tripartito.

    Dende Esquerda Unida, acusouse ó PP de criticar a maioría dos puntos do RPT sen presentar alternativas. Fajardo, recalcou que os populares buscan conxelalos salarios dos traballadores.

    No seu turno, Rivera Mallo, afirmou que á alcaldesa todo lle da igual e que as consecuencias do RPT serán a súa culpa.

    Tras tódalas críticas á Relación de Postos de Traballo, o edil de Persoal, José Membrives, sinalou que é un plan serio, viable, con emprego de calidade e que loita contra a temporalidade

    A alcaldesa, Dolores García, non concedeu un segundo turno de palabra, xa que, afirmou, ningún se está centrando nas reclamacións. Así pois, o 1 de xaneiro o RPT empezará a funcionar no concello de Vilagarcía.

    Redacción Salnés