O Porto aproba os pregos para sacar a concurso a terminal de contedores

    LICITACIONPORTO copia.jpg VILAGARCÍA> No mesmo trámite vai tamén a licencia para prestar o servizo portuario de manipulación de mercadorías.

    {flowplayer}images/salnes/consello_administracion_porto_dec2011.flv{/flowplayer}

    A Autoridade Portuaria de Vilagarcía aprobou no seu último consello de administración o prego de bases e de condicións para sacar a concurso a concesión da terminal de contedores de Ferrazo. Segundo adiantou a presidenta Sagrario Franco, a concesión será por un máximo de 25 anos e espera que se entregue o vindeiro verán. No mesmo trámite vai tamén a licencia para prestar o servizo portuario de manipulación de mercadorías. As empresas interesadas deberán facer unha oferta de compra polas dúas grúas da aliñación sur, en previsión de que finalmente pasen a mans da Autoridade Portuaria, en compensación pola débeda de Tercovi, antiga concesionaria.

    O servizo está a ser prestado desde o verán por Boluda cunha autorización, e segundo o informe da presidenta, ata novembro xa moveu 9.891 teus. En volume de mercadorías, en contedores pasouse de 2.575 toneladas de 2010 a máis 67 mil toneladas. Sagrario Franco espera que Boluda tamén se presente ó concurso.

    O informe presentado pola presidenta no Consello de Administración rexistra un incremento do cinco por cento no movemento de tráficos entre xaneiro de novembro. O máis destacado foi a subida do 106 por cento da mercancía xeral, das que se moveron en torno a 250 mil toneladas. A previsión é pechar o ano cun 10 por cento de incremento.

    No Consello de Administración tamén se aprobou o Plan de Empresa para 2012, cunha previsión de investimento de 8 millóns e medio de euros. Destinados, entre outras obras para a primeira anualidade da fase I do tren a Ferrazo.

    Redacción Salnés