O Concello de Vilagarcía presentou o proxecto “Luz Salgada”

    O Concello de Vilagarcía presentou esta mañá o proxecto “Luz Salgada”. Trátase dunha adecuación urbanística e medioambiental que discurre dende a rotonda da Florida ata a desenvocadura do río do Con, seguindo o seu cauce. O proxecto está en vias de estudio e sería financiado, de ser aprobado, mediante un convenio co Ministerio de Industria e Comercio.

    Paralela o río do Con de Vilagarcía discurre a travesía Rodrigo de Mendoza que será convertida co proxecto "Luz Salgada" nunha avenida urbana. Deste xeito dotaríase a este tramo, de aproximadamente un kilómetro, de novo mobiliario urbán e árbores rexenerando as marxes do río do Con. O parque Celso Emilio Ferreiro sería restaurado o igual que o parque da Xunqueira. Pero a obra estrela deste proxecto sería,  sen lugar a dúbidas,  a creación dun novo parque na explanada, hoxe convertido en aparcadoiro, situada diante de Fexdega.

     

    O proxecto sería financiado por un plan dependente do Ministerio de Industria e Comercio. O estado e as entidades financieras colaboradoras darían un préstamo o concello de seis millóns de euros cun interés do 0.05 por cento. A reconversión desta parte da cidade costaría arredor de oito millóns ainda que de aprobarse só se actuaría sobre as fases dúas e tres. Dende a rotonda Da Laxe ata a ponte de Vista Alegre. No resto actuaríase no seguinte ano. 

     

    Este proxecto constitue unha das últimas actuacións de Suso Paz como concelleiro de Medio Ambiente. Hoxe agradecía o traballo ós técnicos municipais e consideraba a Luz Salgada como unha oportunidade única para recuperar por completo o río do Con o seu paso por Vilagarcía.

     

    Redacción Salnés