![]()
PONTEVEDRA> Esta mañá, reuniuse a Xunta de Goberno da Deputación. No encontro aprobáronse tamén partidas de subvencións a concellos como Meaño e Tui.
{flowplayer}images/salnes/XUNTA_GOBERNO_DEPUTACION.flv{/flowplayer}
O organismo provincial quere renovar a súa estrutura de comunicación cos cidadáns e coas demais administracións. Para elo, estase levando a cabo unha revolución tecnolóxica na infraestrutura de información da Deputación. Esta transformación aprobouse en 2008 co chamado plan DEPO TECNOLOXÍAS DE INFORMACIÓN E COMUNICACION.
Con este proxecto, renovarase a tecnoloxía de procesamento da datos, sustituiranse os máis de 600 equipos da Deputación e instalarase unha rede WIMAX en 55 concellos da Provincia. Louzán destacou que esta é unha mellora necesaria para unha comunicación máis directa e rápida cos cidadáns.
Esta revolución tecnolóxica ten un triple obxectivo: mellorala xestión interna, dar servizos de administración electrónica e servizos para os concellos de menos de 14.000 habitantes.
A inversión para esta modernización é de 15 millóns de euros. Está previsto que en xuño do 2010 se leve a cabo unha segunda fase centrada no padrón e na contabilidade.
Redacción Salnés










