![]()
BARBANZA> A pesar da crise cada vez son máis as persoas que deciden pasa-la cea de Noitevella fóra dos seus fogares.
{flowplayer}barbanza/ceanoitevella.flv{/flowplayer}
O restaurante O Lagar na Pobra do Caramiñal, un dos de maior sona na comarca do Barbanza, organiza para esta noite a tradicional cea de noitevella despois de máis de 20 anos sen realizala.
Segundo o seu xerente, Pablo Pouso, a crise económica que estamos a padecer non vai ser razón suficiente para que deixemos de celebrar tan significativa data e teñamos unha boa entrada no ano 2010.
Reservas esgotadas
É máis, neste restaurante pobrés xa están esgotadas practicamente tódalas reservas para esta noite.
O menú que teñen preparado para hoxe é do máis variado, cun cóctel de benvida para abrir boca a partir das nove da noite. Como noutras zonas de Galicia, o prezo da cea de hoxe oscila en función das propias esixencias do cliente. Aínda así na comarca do Barbanza poderase disfrutar este ano dunha boa cea, cotillón e baile entre os 90 e os 150 euros por persoa, segundo o establecemento que se seleccione.
Redacción Barbanza










