RIBEIRA> O PP de Ribeira volve instar ó goberno a axilizar proxectos estratéxicos para o municipio. É o caso do polígono que aínda non conta con financiamento por parte doutras administracións para poder executalo.
A piques de rematar o presente ano, o PP denuncia que seguen sen novas sobre o futuro polígono industrial. Fanse eco os populares das declaracións formuladas polo voceiro socialista, membro do actual executivo, ante a falla de xestións diante doutras administracións na busca de financiamento para acometer a obra.
Dende o PP denuncian que non é este o único proxecto que permanece paralizado e acusan ó executivo de inacción a pesar de contar con sete dedicacións.
Poñen como exemplo a nova biblioteca, da que consideran que non se iniciarán as obras nesta lexislatura.











