Ciudadanos de Boiro reclama a mellora do porto de Escarabote

    BOIRO> Ciudadanos de Boiro denuncia o retraso no cumprimento da promesa da Xunta coas obras de mellora do porto de Escarabote, anunciadas hai sete anos. Reclama ó goberno local  que esixa tamén o dragado da dársena. 

    O voceiro de Ciudadanos en Boiro, Javier Chouza, quere que o executivo local esixa a Portos de Galicia, entidade de que depende o peirao de Escarabote, que cumpra co compromiso anunciado hai xa sete anos, as obras de adecuación da fachada marítima da localidade boirense. Esta esixencia urxe aínda máis, agora que se vén de anunciar as melloras no peirao de Cabo de Cruz. A agrupación municipal de Ciudadanos presentou unha moción con este asunto no último pleno do concello solicitando a a apoio da corporación.  

     

    Comments are closed.