Éxito de público no Maio Vintage de Boiro

BOIRO> Gran ambiente na celebración do Maio Vintage. Este mercado retro con postos de artesanía e animación de rúa conseguiu atraer a numerosos visitantes e dinamizar o comercio da vila.

Centos de persoas deixáronse caer polo mercado do Maio Vintage, organizado pola asociación Creaturas este sábado na rúa peonil de Boiro. Máis alá dos postos de venda, principalmente de obxectos de artesanía, este evento supón unha gran festa con actuacións musicais, teatro e animación de rúa, obradoiros e unha gran oferta cultural para tódolos públicos. Tamén contaron con postos a Cruz Vermella, A Unión de Muchachas e AMBAR que aproveitaron a gran afluencia de xente para dar a coñecer o seu labor.

Tamén as tendas da zona, como é habitual, con esta iniciativa sacando os seus artigos á rúa co que ademais da promoción do tecido cultural, o Maio Vintage supón un importante pulo para a dinamización económica do comercio e da hostalería local.