O programa formativo Emprenda Lab Barbanza bota a andar con dezaoito proxectos empresariais

BOIRO> A iniciativa está organizada polo Concello en colaboración coa Asociación Boirense de Empresarios, e conta co financiamento da Deputación da Coruña.

Esta mañá arrancaba o programa formativo Emprenda Lab Barbanza. Facíao cunha charla de carácter inspiracional sobre o ecosistema emprendedor, a cargo de Antonio Casal, da empresa Livetopic. A súa experiencia, de seguro, lle servirá a moitos dos 18 emprendedores que hoxe inician a súa andaina neste programa formativo para impulsar e fortalecer o seu proxecto empresarial.

Dende o Concello e dende a ABE, as dúas entidades que desenvolven esta iniciativa, co financiamento da Deputación da Coruña, a través da súa rede de coworkings, animaron a tódolos participantes a sacarlle o mellor partido a esta experiencia.

Os dezaoito proxectos participantes nesta primeira fase do programa representan a sectores do máis variado, dende a escola online de patronaxe e deseño a unha plataforma de xestión forestal ou a produción musical, entre outros. De todos eles só dez pasarán á fase de aceleración.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí